ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
CAMPAÑA
O obxectivo desta acción é afianzar o posicionamiento da variedade godello da rexión, destacando que é un viño “da máxima calidade e aliñado coas preferencias dos novos consumidores”, os cales demandan cada vez máis os godellos da DO Monterrei.
Detrás da idea creativa e do slogan atópase o estudo coruñés “Manu Cidre”. A campaña arrancou o pasado 14 de xuño cunha acción publicitaria nas catro provincias galegas, que consistiu na pegada dun cartel enigmático co lema “Viva o rei!”
Mediante o escaneo do código QR que o acompañaba, accedíase ao anuncio publicitario, no que un mozo de Monterrei enumera todos os atributos que fan do godello “un viño que fala por si só, basta con probalo para darse de conta de que se trata ‘do Rei do Godello’”.
O CRDO ten previsto continuar con esta nova campaña na televisión, prensa, cine, paneis e outros formatos de exterior en Galicia, así como en estacións de trens e aeroportos.
Posteriormente aparecerá en medios dixitais, coa colaboración de “influencers” e xeradores de contido que visibilizarán o godello da DO Monterrei.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
Mercado de interés
La D.O. Monterrei luce 45 vinos en Santander
Lo último
GASTRONOMÍA Y TRADICIÓN
Galería | 700 kilos de sabor y anguilas para mantener viva la Festa da Anguía, en fotos
CHOQUE INSTITUCIONAL
La Xunta insiste en traspasar de forma consensuada la AP-9