INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
Oferta cultural
O Museo de Verín acolle ao longo do mes de agosto a exposición "Emerxencia climática: feitos e datos", unha exposición cedida polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida) para achegar información científica contrastada que permita argumentar, debater e crear conciencia da necesidade de actuar ante a grave crise climática.
Á exposición xa acudiron diferentes grupos de cativos das ludotecas da comarca. Durante estas visitas, as novas xeracións amosaron a súa conciencia respecto á necesidade dun cambio e debateron sobre as diferentes opcións para conseguilo, dende as pequenas ás grandes accións.
"Emerxencia climática: feitos e datos", enfocada dende a educación ambiental e baseándose en información científica contrastada, pretende proporcionar os fundamentos básicos que argumentan a crise climática que vivimos.
O obxectivo último da mostra é achegar ao público aspectos básicos relacionados con este problema ambiental global para favorecer a súa comprensión, xerar procesos de reflexión e conseguir comportamentos dirixidos á acción para a mitigación e adaptación.
Así, o Museo de Verín reforza con esta iniciativa a súa programación en educación ambiental engadindo valor á estratexia pedagóxica que continúa dende a súa apertura e coa que pretenden mellorar as relacións das persoas coa súa contorna.
Para iso, trabállase a prol de dar a coñecer o valor patrimonial e cultural da comarca de Verín, sempre procurando estimular o coñecemento e a conversa e achegando o debate dos obxectivos da axenda 2030 á realidade diaria da súa veciñanza.
Para coñecer a exposición sobre o clima e outras que agocha o Museo de Verín -"O viño nos Camiños de Santiago", mostras sobre a Denominación de Orixe Monterrei, sobre á historia da comarca ou o licor café-, o horario de visitas é de mércores a sábado de 11,00 a 14,00 horas e de 17,00 a 20,00 horas, e o domingo de 11,00 a 14,00 horas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
RECORRIDO POR BODEGAS
Expertos vitivinícolas europeos descubren el territorio de la D.O. Monterrei
VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
EVENTO VITIVINÍCOLA
La D.O. Monterrei muestra sus vinos y teje sinergias en Tenerife
Lo último
COMIDAS EN FAMILIA
Qué se come y cómo se vive la Nochebuena en distintos países del mundo
CAMIÑO DE SANTIAGO
Homenaxe a Elías Valiña na Casa da Cultura de Xunqueira de Ambía
SEIS ORGANIZADORES
El destino solidario del cupón de Grupo Cuevas
Miguel Michinel
TINTA DE VERANO
Merry Christmas