As entradas para as V xornadas de Novela Histórica xa están dispoñibles
O recadado será empregado para ampliar o fondo bibliográfico da entidade e para o fomento da lectura
A Biblioteca Municipal de Verín xa ten todo preparado para as súas quintas xornadas de Novela Histórica, que se celebrarán os días 25 e 26 de marzo no Auditorio. Agora, os encargados da entidade xa teñen dispoñibles as entradas para a cita literaria. Estas teñen un prezo simbólico de dous euros e buscan evitar a retirada das mesmas sen a completa seguridade de acudir ás xornadas.
“Así evitaremos que os veciños que desexen acudir queden sen elas tal e como aconteceu o ano pasado”, explican os responsables. O recadado será destinado ao fondo bibliográfico da biblioteca e ao conxunto de actividades para o fomento da lectura.
As entradas poden adquirirse na propia biblioteca e os días 25 e 26 de marzo no Auditorio de Verín. Tamén se habilitou unha conta bancaria para realizar transferencias para os que non poidan mercar o seu pase de xeito presencial.
Participación
Baixo o título de “Novas Miradas na Novela Histórica”, os autores que participarán este ano son Lorenzo Silva (Premio Planeta 2015), María Zabay, Víctor Freixanes, José Calvo Poyato, Alberte Blanco e José Luis Corral. Todas as xornadas estarán amenizadas polo chelo de David Rodríguez Rivada, profesor do IES Xesús Taboada Chivitie.
A encargada de presentar esta quinta edición será Lara Páez, voluntaria da Biblioteca de Verín. Isto débese a que dende a entidade fan un esforzo moi importante no traballo coa súa rede de voluntarios, o que deu os seus froitos sendo galardoados en varias edicións nos premios María Moliner pola súa animación á lectura, un traballo que pasa da man dos seus voluntarios.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último
EXIGENCIAS DE CALIDAD
Nuevos requisitos para las titulaciones universitarias: más exigencia y presencialidad