FERIA VITIVINÍCOLA DE REFERENCIA
20 bodegas de la D.O. Monterrei se mostrarán en Barcelona
CRÓNICA
Volve a Frasca do Terrón, unha cita co folclore galego en Castrelo do Val. Organizado polo Concello en colaboración co grupo tradicional Candaira, o municipio acollerá o 4 de xuño a segunda edición desta festividade. Tras a parada obrigatoria pola pandemia, o espazo do Terrón volverá a ser protagonista: alí convivirán música tradicional, artesanía, gastronomía e variadas actividades culturais.
“A Frasca naceu para dar visibilidade aos grupos da comarca que están traballando todo o ano. Sempre imos fora a outras celebracións e tivemos a iniciativa de facer algo aquí, traballando para que este sexa o segundo de moitos máis anos e para impulsar a cultura galega”, explica Ramón López, concelleiro de Cultura e director de Candaira.
A xornada festiva comezará ás 10,00 horas para os máis deportistas cunha ruta etnográfica e arqueolóxica para “viaxar no tempo dende a Idade do Ferro ata principios do século XX”, sinalan dende a organización. E ás 11,00 horas é a quenda das bicicletas BTT pola ruta das Corgas, un percorrido de 16 quilómetros.
Tamén ás 11,00 horas se abre a feira de artesanía e ás 12,30 horas, as mulleres rurais da comarca e Candaira farán bailar aos presentes ao ritmo do folclore galego.
Xa pola tarde, haberá unha sesión de contacontos para os máis pequenos, da man do profesor Fran Guede, de 16,30 a 17,30 horas. A mesma hora, o concelleiro de Cultura impartirá un obradoiro de instrumentos pobres e pandeireta. Dende a organización quixeron contar co bailarín de As Tanxugueiras, Artur Puga, que impartirá un obradoiro de baile ás 17,30 horas. Seguindo coa actividade, de 18,00 a 20,00 horas haberá unhas clases de pádel para nenos.
Ata Castrelo achegaranse grupos de música tradicional da comarca e doutros puntos de Galicia para desfrutar, e facer que o público tamén viva, a cultura galega. Estes actuarán a partir das 19,00 horas e os pandereteiros de O Fiadeiro despedirán a Frasca do Terrón ás 23,00 horas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FERIA VITIVINÍCOLA DE REFERENCIA
20 bodegas de la D.O. Monterrei se mostrarán en Barcelona
"FUTURO VERDE ALTO TÁMEGA"
Los 10 concellos de Monterrei y Conso-Frieiras comienzan a gestionar los fondos Feder
Lo último
EXTENSIÓN UNIVERSITARIA
La UVigo ofrece en Ourense 14 talleres abiertos a toda la ciudadanía
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
En busca e captura