A gandaría, uso idóneo para a aldea modelo de Pedrosa, en Riós

pedrosa aldea modelo
photo_camera Imaxe de arquivo do terreo da aldea modelo de Pedrosa.
Esta iniciativa trata de recuperar un total de 12,68 hectáreas, distribuídas en 269 parcelas de 38 propietarios

A Consellería de Medio Rural publica no Diario Oficial de Galicia o anuncio polo que se somete a información pública os borradores de guías de ordenación produtiva da aldea modelo de Pedrosa, no concello de Riós. Estas guías configúranse como un documento no que se delimitan os usos produtivos máis idóneos para a explotación das parcelas do territorio, dende os puntos de vista económico, técnico, social e ambiental. Tamén se indican os prazos e prezos establecidos para os grupos de cultivos e aproveitamentos.

Neste caso, para Pedrosa establécense como usos idóneos principalmente o aproveitamento gandeiro en extensivo, pero tamén árbores froiteiras e cultivos agrícolas de ciclo curto. Esta aldea modelo servirá para recuperar unha superficie de 12,68 hectáreas na contorna do núcleo de poboación que se porá en valor, distribuídas en 269 parcelas de 38 propietarios.

Os produtores interesados en incorporarse a esta aldea modelo deben ter en conta que os borradores de guías de ordenación produtiva se someten a información pública pol prazo dun mes, tempo no que se poderán realizar achegas e alegacións que se consideren oportunas. As pautas poden consultarse tanto nos taboleiros de anuncios do Concello de Riós como na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

Te puede interesar