Horta en Oímbra e gandaría en Cualedro para os futuros polígonos agroforestais
A Consellería de Medio Rural declara a utilidade pública destes proxectos agroforestais para poñelos en marcha
O Diario Oficial de Galicia publicou este luns os dous acordos da Consellería de Medio Rrual para declarar de utilidade pública e de interese social dous polígonos agroforestais de iniciativa pública: Oímbra e Cualedro. Así, inícianse os traballos para executar os dous primeiros polígonos deste tipo, ao abeiro da Lei de recuparicón da terra agraria de Galicia.
O estudo de viabilidade aprobado en cada caso determinou os usos e actividades admisibles, así como as boas prácticas agroforestais aplicables. No polígono agroforestal de Oímbra -conta cunha superficie de 22 hectáreas repartidas en 70 parcelas de 73 propietarios- establécese como actividade principal os cultivos agrícolas de ciclo curto en toda a súa extensión, mentres que na parte sur, a gandaría en extensivo. Como actividade secundaria, identificáronse as árbores froiteiras.
No caso de Cualedro -con 64 hectáreas de 70 parcelas de 70 propietarios-, a actividade principal que se establece é a gandaría en extensivo e cultivos complementarios, contemplando o aproveitamento para gando vacún, porcino, ovino e cabrún. Calquera das modalidades deberá ser en extensivo e terán prioridade as explotaciósn que inclúan unha produción integrada en ecolóxico. Como actividade secundaria, identificáronse outros cultivos agrícolas e de árbores froiteiras, mantendo en calquera caso a vexetación de ribeira existente.
Dende Medio Rural sinalan que "as causas polas que procede desenvolver estes dous polígonos son a existencia dun estado de abandono ou infrautilización dun mínimo do 50%, así como o acordo das persoas propietarias dos predios". Neste caso concreto, en Oímbra asinaron o acordo os propietarios do 86% da superficie -fai falta un 70%-, e en Cualedro un 78% dos donos.
Produción da terra
O pasado 27 de decembro saían publicados os procedementos de aprobación para o desenvolvemento desdes polígonos agroforestais, os cales motivaron a elaboración do estudo de viabilidade en cada un dos casos. Unha vez feitos e aprobados estes estudos, determinouse decretar ambos procedemtos para iniciar a redacción do proxecto básico de cada un deles. Seguidamente, iniciarase a investigación da titularidade das fincas e os traballos de reestruturación da propiedade en ambas áreas, de ser necesario.
Deste xeito ambos polígonos teñen como obxectivo prioritario poñer en produción áreas de terra agroforestal con boa capacidade produtiva que acadaron co paso do tempo estados de abandono ou infrautilización, recuperando deste xeito unah actividade agrícola ou forestal.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último
MANTENER VIVA LA TRADICIÓN
Antes de que la música de las chocas se apague en la montaña de Manzaneda
RESUENAN LAS CORNAS
Galería | Los pastores que mantienen viva la tradición en Manzaneda
GEMMA ESCALONA
El Hospital de Verín recupera los tratamientos a domicilio
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
A teima de meter os fociños