INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
MUSICAL ESCOLAR
David Rodríguez e Isabel Cota son mestres de Música e de Inglés e amantes dos musicais. No 2012 viron “Los Miserables” en Madrid e tiveron unha idea: por que non facer algo así no seu instituto de Verín?
Rodríguez comezou a ensaiar cancións nas súas clases e, con 119 alumnos de 3º e 4º da ESO, dous solistas e o resto coristas, en 2013 xa fixeron unha xira por Vigo, O Porriño e Xinzo de Limia. “Para eles era unha experiencia, ata cantaban unha canción en inglés”, lembra Cota.
No 2014 estrearon “Moulin Rouge”, cun libreto escrito por un estudante. Ao ano seguinte apostaron pola normalización lingüística, e Cota traduciu o texto e as cancións de “Mamma Mia”, adaptándoas ao galego. Malia atoparse co “rexeitamento inicial” dos alumnos, “agora están encantados de cantar ‘Billy Elliot’ ou ‘La Bella y la Bestia’ na nosa lingua”, explica Rodríguez.
Cos anos desenvolveron un proceso creativo que comezaba no verán, coa escolla do musical a adaptar. Ademais, a representación converteuse nunha actividade extraescolar, aberta “sen restricións” ao alumnado do instituto, dende 1º da ESO ata 2º de Bacharelato: “Todos son benvidos, non facemos audicións nin castings”.
Levan representados “Grease”, “Hoy no me puedo levantar” e “La La Land”, entre outros. E cando a pandemia puxo en pausa o mundo, rodaron un documental, “Chivititeiros”, dirixido pola exalumna Sabela Souto. Polo seu escenario pasaron estudantes actuais de Arte Dramático e tamén a televisiva Esther Estévez, coñecida polo espazo “Dígocho Eu” na TVG.
Durante o curso hai ensaios de coreografía, teatro e coro ás tardes, pero tamén nas horas do recreo. O “sacrificio” ten a súa recompensa, e os alumnos de Música ven melloradas as súas notas se participan no musical. Os que prefiren non actuar, bailar ou cantar, colaboran creando a escenografía ou facendo os cambios do escenario.
O profesorado tamén “dá o cante”. Nos ensaios, estudantes de distintos cursos e idades comparten coro con algúns dos seus profesores. Practican con eles as intérpretes de linguaxe de signos, dado que o IES ten unha alumna xorda. De feito, unha das representacións terá signado en directo.
Rodríguez e Cota son conscientes de que, “sen o apoio do equipo directivo, nada disto sería posible”. Para César Sánchez, director do instituto, o máis importante “son os vínculos que se crean entre profesores e alumnos, lonxe das aulas hai máis confianza. E aos rapaces venlles ben para superar a súa timidez, para coñecerse entre si. Aprenden a colaborar e autoxestionarse, melloran a súa autoestima. Nos ensaios xamais houbo ningún conflito, nas aulas, por desgracia, si”.
Alén diso, Sánchez afirma que “comezamos con moi pouco, pero ten un traballo moi potente detrás. Este é un proxecto de centro que implica ata aos mestres e alumnos de Tecnoloxía, que crean aparellos para as representacións”.
Aquí non sobra ninguén e todos aportan. É máis, o seu novo musical, “Mil estrelas, musical de musicais”, o primeiro orixinal e escrito por Rodríguez , xoga co “metateatro” e cun pretexto semellante, xa que “todos os personaxes teatrais actúan fóra do escenario (a limpadora do teatro, o taquilleiro, o do bar, a crítica teatral, etc.), pero son imprescindibles para que haxa teatro”.
As actuacións irán acompañadas dun popurrí de catorce números pertencentes a doce grandes musicais. A comunidade educativa do IES prepárase para encher o seu salón de actos os vindeiros días 12 e 13 de xuño, e o Auditorio verinés o 20 e o 22. “E queremos levar este musical ao Auditorio de Ourense”, afirma Fernández. As entradas pódense retirar de balde no centro.
Queda claro que, quen queira musicais, non fai falta que viaxe á Gran Vía, Londres ou Nova York. Basta con que veña ata o Chivite, o “Broadway” de Verín.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
RECORRIDO POR BODEGAS
Expertos vitivinícolas europeos descubren el territorio de la D.O. Monterrei
VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
EVENTO VITIVINÍCOLA
La D.O. Monterrei muestra sus vinos y teje sinergias en Tenerife
Lo último
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este domingo, 21 de diciembre, en Ourense
EN CONFIANZA
Carlota Cao, doble premio por su joyería artística
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
La mirada sabia del barman