MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
O Concello de Verín vén de activar o seu plan especial de limpeza e desbroce das marxes do río Támega. Así, os operarios municipais comezan a traballar na primeira das súas fases estes días, que vai dende Tintores ata o centro de Verín e de Pazos a Queizás.
Os traballos efectuados dentro deste plan buscan a mellora da vexetación de ribeira do Río Támega mediante a retirada de árbores mortas do seu leito, retirada de vexetación invasora e desbroce selectivo nas marxes.
Gerardo Seoane, alcalde do municipio, explicou que "o obxectivo principal deste plan é favorecer o comportamento hídrico do Támega ó seu paso polo municipio e poder manter o seu caudal ecolóxico, sempre respectando en perfecto estado a biodiversidade, tanto do propio río como da zona as súas ribeiras".
O rexedor municipal tamén quixo recordar que o Concello de Verín conta con todos os permisos correspondentes dos organismos competentes -Consellería de Medio Ambiente e Confederación Hidrográfica do Douro- para realizar esta actuación.
Esta acción, para a que se investirán máis de 120 mil euros, está dividida en dúas fases. A primeira abarca os tramos entre a área recreativa de Tintores ata a ponte da N-525 ó seu paso por Verín, e desde a ponte de Pazos ata a futura ponte de Queizás. A segunda fase, que se executará en setembro, limpará as ribeiras do Támega ata a fronteira con Portugal.
Esta actuación forma parte do Plan Integral de Reestruturación e Saneamento de Verín, destinado a completar o correcto funcionamento do ciclo da auga do río Támega ó seu paso pola vila, para o que se dispón dun presuposto de 400.000 euros.
O proxecto divídese en tres grandes actuacións: a dita limpeza do Támega, a mellora do saneamento hídrico ó seu paso pola zona urbana e o saneamento nas aldeas do municipio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
FERIA VITIVINÍCOLA DE REFERENCIA
20 bodegas de la D.O. Monterrei se mostrarán en Barcelona
Lo último
OPOSICIONES 2026 EN GALICIA
Galicia oferta 1.601 plazas de oposiciones en Educación para 2026
ACCIDENTE LABORAL MORTAL
Muere un hombre por una posible intoxicación de monóxido de carbono al revisar un generador