A Mancomunidade de Verín di non á violencia machista este 25N
ACTIVIDADES REIVINDICATIVAS
O vindeiro 25 de novembro Verín acollerá diversas accións reivindicativas con motivo dese día, con actos e obradoiros organizados polo CIM
O Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de Verín, un servizo que presta atención aos concellos da comarca, deseñou unha completa programación para o vindeiro luns, 25 de novembro, día internacional da erradicación da violencia de xénero, con varias actividades reivindicativas.
Ese día, ás 12,00 horas, terá lugar a concentración comarcal frente ao Concello verinés, no que se lerá o manifesto do 25N, dinamizado polo CIM e as ONGs da contorna.
Ademais recrearase a obra “Zapatos vermellos”, baseada nunha exposición de Alina Chauvet, que representa ás mulleres que xa no están por ser vítimas de feminicidios, e que vén recreando en centros educativos de Monterrei.
Tamén se presentará a campaña de sensibilización “Por un mundo onde sexamos socialmente iguais, humanamente diferentes e totalmente libres”, co reparto de 600 bolsas deseñadas polo CIM.
Estas iniciativas únense á campaña de información e sensibilización sobre a violencia de xénero e os recursos de apoio que este servizo brinda a tódalas mulleres e familias que sofren esta lacra, e que buscan ser mecanismos de prevención contra as violencias machistas no futuro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
53ª GRAN QUEIMADA
Castrelos de Cima conxurou de madrugada a súa queimada
SERVICIO MANCOMUNADO
Alianza de tres concellos de Monterrei para gestionar el agua de forma conjunta
OTRO HERIDO EN SAN CIBRAO
Un herido y trasladado en un fuerte choque entre un coche y un camión en Monterrei
Lo último
Juan M. Casares
CASTELLUM HONESTI
O bo goberno
CONVENTO DE SANTA CLARA
Localizan el segundo cerebro saponificado en Pontevedra
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
No contaminemos nuestra tierra
AMENAZAS DE LA IA
Anthropic propone medir el ritmo de desarrollo de la IA