INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
NOVO LÍDER DO CONSELLO REGULADOR
Tralo cese do anterior representante do Consello Regulador, Jonatás Gago García, relevado nun pleno o pasado 28 de outubro, unha decisión inédita nos 30 anos da DO, o seu reemprazo ata o final de lexislatura será o adegueiro castrelao Manuel Vázquez Losada
PERFIL
Lugar e ano de nacemento: Castrelo do Val, 1991
Ocupación: Empresario e adegueiro da DO Monterrei
AS FRASES
“A DO Monterrei está nun moi bo momento e témolo que aproveitar”
“O viño é unha boa forma de gañarse a vida e unha saída laboral”
“Gustaríame ser o presidente de todos e contar con tódalas adegas”
“Hai que recuperar as castes antigas e sería importante crear unha estación enolóxica da man da Xunta”
Para quen non o coñeza, cal é súa vinculación coa DO?
Son un adegueiro de Castrelo do Val, e a miña implicación co mundo do viño vén por arraigo familiar. A miña adega pasou a formar parte da DO no 2019, e este último ano fun vicepresidente ata que presentei a dimisión este pasado agosto.
Pensaba daquela volver formar parte do Consello Regulador?
O certo é que non, pero moitos compañeiros dixéronme que as cousas se cambian dende dentro. Insistiron en contar comigo porque cren que son un bo perfil para presidir a DO, así que aceptei.
Foi unha decisión doada?
Contar con tantos apoios colleume por sorpresa, pero eu teño unha idea sobre como creo que se deberían facer as cousas porque somos unha Denominación pequena, pero con moito futuro.
Imaxino que conta cos traballadores e co novo xerente da DO.
Por suposto, conto co apoio dos empregados, cos que xa me reunín. E ademais temos o noso xerente (Gonzalo Losada Lorenzo), que será o coordinador dos traballos e o máximo responsable de organizalo todo e que isto funcione da mellor maneira posible.
Que obxectivos se marca para a súa presidencia?
Quero fomentar a viticultura local e facer que a DO sexa transparente. Implicarei a tódalas adegas, facéndoas partícipes de tódalas decisións. Gustaríame ademais crear uns premios aos mellores viños de Monterrei, con distintas categorías e unhas bases ben establecidas, ademais dun xurado potente e catadores de renome, co fin de que teñan moita repercusión.
Cal é a situación na que se atopa a Denominación de Orixe?
Estamos nun momento álxido, temos uns viños brancos moi de moda. Pero non me gustaría que Monterrei se dedicara só a esas variedades, senón que penso que deberíamos fomentar e traballar por dar a coñecer tamén os tintos de excelente calidade que temos aquí.
Pero o certo é que o godello de Monterrei está dando que falar.
Sen dúbida, pero temos tanto brancos como tintos moi bos: merenzao, zamarrica, mencía, tempranillo, sousón… Non me quero esquecer de ningunha das castes tintas nin brancas. Eu creo que o godello agora mesmo véndese só, coñécennos por el e ademais estanos dando a coñecer máis. Pero penso que somos quen de producir viños tanto brancos como tintos cunha calidade excelente.
Como afrontar a crise que se vive en Galicia e España co tinto?
O que temos que facer é viticultura: atopar a maneira de dálos a coñecer pola súa excelente calidade. Temos que apostar pola calidade máis que pola cantidade, porque é certo que hai unha recesión nos viños tintos a nivel mundial, non só en Monterrei, Galicia ou España, xa que hai un gasto bastante inferior nesas variedades. Teremos que xuntarnos tódalas adegas e viticultores e abordar este problema que non é fácil, pero haino que abordar. Cómpre atopar un punto de equilibrio, que sexa rendible tanto para viticultores como para adegueiros. Ao mellor o viticultor ten que facer o esforzo de baixar os rendementos por hectárea, e á vez o adegueiro de pagar a uva a un prezo rendible, pero xusto.
Seguirá medrando a DO?
Está en crecemento, pero debe medrar de xeito moderado. Ogallá conformemos a DO moitas máis adegas, pero debemos ter conta de como medramos e cara onde o facemos. Penso que temos moito potencial, somos o principal motor económico da comarca e debemos traballar para seguir séndoo moito tempo máis.
Onde ve Monterrei nuns anos?
Pois nunha situación aínda mellor. Monterrei é único, a súa variedade non ten comparación: temos microclimas, distintos tipos de solos, castes tintas, brancas. E somos a DO con maior potencial e capacidade para traballar con mecanización e coas novas tecnoloxías.
É o enoturismo unha opción?
Si, é outra das apostas firmes que debemos facer. Os viños de Monterrei atraen cada vez a máis visitantes á zona, e temos que procurar a implicación total dos establecementos hostaleiros e hoteleiros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
RECORRIDO POR BODEGAS
Expertos vitivinícolas europeos descubren el territorio de la D.O. Monterrei
VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
EVENTO VITIVINÍCOLA
La D.O. Monterrei muestra sus vinos y teje sinergias en Tenerife
Lo último
CIENTOS DE MILES DE REPRODUCCIONES
Se vuelve viral con sus vídeos ayudando a personas sin hogar en Ourense: "Hacía dos meses que no comía un plato caliente"