MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
Os veciños de Monterrei reuníronse este domingo, acompañados polo alcalde José Luis Suárez, na aldea de Vences, con José González, conselleiro de Medio Rural, e Inés Santé, directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, para coñecer en que consistiría a creación dun polígono agroforestal no municipio. O conselleiro animounos a aproveitar os instrumentos que contempla a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia para poñer en valor os predios en desuso ou infrautilizados, unha iniciativa que os veciños acolleron con entusiasmo.
Este instrumento orientaríase preferentemente cara a produción de viñedo. O obxectivo é complementar as rendas dos titulares destes terreos aos que se quere implicar no proxecto. Trátase de recuperar terra para xerar actividade económica e crear postos de traballo, contribuíndo a fixar poboación no rural e, ao tempo, avanzar na prioritaria anticipación aos incendios, mediante ese aproveitamento agrogandeiro ou forestal dos predios.
Neste caso concreto avalíase a posibilidade de poñer en valor un total de 22,44 hectáreas, repartidas en 535 parcelas de 331 propietarios que, entre outras finalidades, e tendo en conta a súa situación estratéxica, poderían contribuír ao aumento da superficie e da produción vitivinícola dentro da Denominación de Orixe Monterrei.
En este sentido, González explicou que a iniciativa pode ser da Administración ou de particulares, requirindo o acordo de propietarios de cando menos o 70% da superficie do perímetro do proxecto. A maiores, dentro desta figura, tamén se establece a dos denominados cortalumes, que procuran a xestión do territorio agroforestal co fin de anticiparse aos incendios.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
FERIA VITIVINÍCOLA DE REFERENCIA
20 bodegas de la D.O. Monterrei se mostrarán en Barcelona
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
La creatividad y la política
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
Febrero, el coreógrafo breve
Fermín Bocos
La insostenible posición de Óscar Puente
PRIMERA FEB
El COB se ahoga en Fuenlabrada (78-71)