CULTURA PARA A IGUALDADE
Monicreques e cabaret infantil na comarca de Monterrei
OBRAS DE REFORMA
A caída do pé dun vello castiñeiro centenario provocara unha derruba e o posterior desprendemento de cascotes cara o vial da estrada.
Para o alcalde do Concello, o popular José Ramón Barreal, esta obra era un proxecto “pendente. Ata o de agora puidemos salvar a situación cunhas biondas, pero agora retirámolas para erguer un muro de cantería, con máis custo pero tamén máis bonito, acorde ao entorno no que se ubica”.
O muro, de catro metros e medio de altura, está coroado por unha varanda en madeira, detalles que “ben os merece Correchouso, un dos pobos máis enxebres do Concello de Laza, e que ademais é o final dunha estrada, a pista do Marroquí, e o nacemento do río Cabras”, engade o mandatario lazao.
O financiamento para levar a cabo a obra obtívose mediante o Plan Marco de mellora de camiños municipais, dependente da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), e máis da Consellería do Medio Rural.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA PARA A IGUALDADE
Monicreques e cabaret infantil na comarca de Monterrei
PRODUTOS GALEGOS
Aposta firme por viños de calidade
ENTRADA GENERAL A 8 EUROS
Monterrei apunta a un verano récord con 140.000 visitantes
Lo último