FUTURA VARIEDAD
La D.O. Monterrei trabaja para unirse a los espumosos ourensanos
DIGITALIZACIÓN
O salón de actos do edificio multiusos do Riós celebra mañá, a partir das 16,00 horas, unha clase gratuíta de capacitación dixital dirixida aos veciños máis maiores da localidade riense. Esta formación, que ofrece Abanca en colaboración coa Cruz Vermella, ten por obxectivo aprender cuestións do uso dos caixeiros e da banca móbil.
A actividade, titulada “Uso de caixeiros de forma segura e fácil”, está estruturada en dúas partes, unha teórica e outra práctica, co fin de ofrecer aos asistentes unha visión completa de como funciona o caixeiro, cales son as operacións máis habituais que se poden realizar nel e amosarlles como facer esas xestións a través dunha demostración no propio dispositivo.
Ademais, facilitaránselles consellos básicos de seguridade e de banca móbil, e resolveranse todas as dúbidas que expoñan.
De forma complementaria, tódolos participantes recibirán un manual que recolle toda a información ofrecida durante a sesión para que poidan tela a man e consultala en calquera momento.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FUTURA VARIEDAD
La D.O. Monterrei trabaja para unirse a los espumosos ourensanos
CIENTOS DE VECINOS
Los mayores son protagonistas en Albarellos con su XIV Xuntanza
Lo último
POR LA VISITA DEL PAPA
La Diócesis de Ourense adelanta la celebración del Corpus al 4 de junio
Miguel Michinel
TINTA DE VERANO
La niebla