MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
LICITACIÓN
O Concello de Laza aprobou este venres, na súa Xunta de Goberno, o pliego para a contratación do proxecto técnico e de execución dunha residencia de maiores no municipio
O importe do contrato de licitación ascende a 54.907 euros, e sairá a concurso público nun proceso “urxente, con 10 días hábiles de prazo”, segundo informou o alcalde de Laza, o popular José Ramón Barreal, que engade que os criterios de adxudicación son “todos obxectivos”.
A futura residencia de maiores no concello lazao está previsto que se ubique nunha parcela na zona do Toural, duns 7.000 metros cadrados de extensión, e que conte con prazas para 24 usuarios, ampliables nun futuro ata 48 en total. O modelo previsto é “unha minirresidencia, edificada en pranta baixa, destinada á actividade sanitaria asistencial”.
A construción, en forma de “L”, terá un ala para as habitacións, con baño adaptado e terraza privada, “unha das novidades, buscamos humanizar a residencia o máis posible”, afirma Barreal. Aquí tamén se ubicarán as dependencias médicas, así como unha sala polivalente con fisioterapia e zona de coidado dos residentes.
Na intersección haberá unha recepción e a zona común, “cun bloque de aseos e a sala de rehabilitación”. A outra ala destinarase a servizos, cunha zona de convivencia, comedor, despachos de dirección e administración, e cociñas e almacén
Toda a residencia disporá de “acceso ao espazo e terraza exterior, nun entorno único e marabilloso”, apunta o alcalde de Laza. O seu emprazamento no Toural non é casual, xa que nesa área tamén se ubican o pavillón, o albergue, pistas de pádel e polideportivas e un parque infantil.
José Ramón Barreal recoñece que leva “practicamente 12 anos pelexando por este proxecto”. Entre outros fitos, lembra como no 2022 o aínda presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, adquiriu un compromiso con el para o financiamento da residencia.
Ese ano, tras unha resolución da Consellería de Servizos Sociais, o Concello obtivo unha subvención de 1.200.000 euros a través do Consorcio Galego de Benestar, que se une ao convenio coa Deputación de Ourense, pendente de ser asinado, por valor de 252.000 euros.
Non obstante, a concesión da primeira subvención habilitou a partida para o inicio desta primeira fase, coa redacción do proxecto para a posterior adxudicación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MELLORA DO CICLO DA AUGA
A Xunta ratifica o seu apoio á alianza de 10 concellos do Támega
FERIA VITIVINÍCOLA DE REFERENCIA
20 bodegas de la D.O. Monterrei se mostrarán en Barcelona
Lo último