INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
CULTURA
O libro "Mudar o mundo. Na procura dun novo paradigma para uma humanidade", de Artur Afonso Novelhe, chega ao salón de actos da Casa da Cultura de Verín. O autor presentará a súa obra este venres, 12 de novembro, ás 19,30 horas.
"Transformar o estado de guerra, competencia, en que aínda habita a humanidade". Baixo esta premisa, Alonso Novelhe navega no seu libro a través das diferentes épocas históricas e as súas achegas a unha lenta, pero inevitable, transformación dunha humanidade focalizada na ganancia material, e que basea a súa supervivencia na dicotomía "dominar ou ser dominado".
O libro achega ao lector a unha civilización que vive baixo unha errada interpretación da clásica visión darwinista do dominio dos mellores adaptados ao medio, cun predominio da mente habilidosa e servidora do ego en detrimento dunha mente ética, ao servizo do ben común, da xustiza e a virtude, esquecendo as achegas de "Axuda Mutua" estudadas por Kropotkin.
Artur Alonso Novelhe naceu na cidade de México o 21 de xuño de 1964. Participou no Comité de Solidariedade coa América Latina e na Asociación Galega da Lingua. Exdirector do Instituto Galego de Estudos Internacionais e da Paz, integra o Consello Consultivo do Movemento Internacional Lusófono e o Grupo dos Poetas Vivos da Galiza, entre outras entidades.
Recibiu o XVIII Premio de Poesía “ Feliciano Rolán”, en 2004, na cidade galega da Guarda. Obtivo unha Mención especial do Xurado no XXVI Premio Mundial de Poesía Nosside, en 2010. Colabora en diversas publicacións e ten varios libros publicados: de poesía, teatro, prosa e ensaio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
RECORRIDO POR BODEGAS
Expertos vitivinícolas europeos descubren el territorio de la D.O. Monterrei
VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
EVENTO VITIVINÍCOLA
La D.O. Monterrei muestra sus vinos y teje sinergias en Tenerife
Lo último