INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
SOLIDARIDADE
Verín estáse a converter na capital do tapón de plástico. E máis que chegará a selo logo de que onte a Fundación Amigos de Galicia presentase públicamente unha nova campaña de recollida para financiar o tratamento de atención fisioterapéutica da pequena Valeria, que dende hai sete anos padece dificultades de mobilidade e na linguaxe.
Onte quedou inaugurada unha nova tempada da loita que seguen dous abnegados pais, neste caso para satisfacer o custe duns 10.000 euros do tratamento que a súa filla recibe agora nunha clínica especializada ourensana, logo dunha importante peregrinaxe por outros centros públicos e privados. Non estarán sós, porque amáis da colaboración do público en xeral, neste caso e por primeira vez o Concello de Verín aportará un trinta por cento desa cantidade. Esta campaña enmárcase dentro do convenio de colaboración asinado entre o Concello de Verín e a Fundación Amigos de Galicia para axudar ás familias do municipio en situación de necesidade.
Para facerse cargo do custo dun ano, son necesarios 41.533 kg de tapóns, pero recentemente finalizou a campaña "Tapones para Nahir" (unha nena de Pontevedra con tetraparesia discinética e parálise cerebral infantil) e a entidade xa dispón de 14.400 kg para esta nova campaña, necesitando por tanto 27.133 kg a maiores. Esta cantidade tradúcese en 19 millóns de tapóns.
A Fundación Amigos de Galicia atende ás familias do municipio que teñen graves carencias económicas e cobre as súas necesidades básicas coa repartición de alimentos, roupa ou material escolar.
Desde xaneiro do 2016 ata novembro, a Fundación Amigos de Galicia atendeu en Verín unha media de 25 familias, adultos unha media de 58, e menores unha media de 15. A axuda achegada a día de hoxe no Concello desde que comezou o ano é de 41.942 euros.
Sete anos de loita contra a enfermidade
Valeria naceu fai sete anos mediante cesárea programada xunto ao seu xemelgo Hugo. A pequena sufriu dificultades de respiración no nacemento, con todo non foi ata os primeiros meses de vida cando comezaron a facerlle probas médicas. Os seus pais decatábanse que a evolución da pequena era máis lenta que a do seu irmán, pero o prognóstico da cativa, despois de moitas probas en diferentes centros de España, aínda é descoñecido. A Seguridade Social non lle cobre ningún tratamento para que poida mellorar a súa calidade de vida, e por ese motivo, a Fundación Amigos de Galicia comeza esta campaña con ela. Poden atoparse os puntos de recollida na páxina web da entidade, e anímase a establecementos, colexios e cidadanía de Ourense a converterse en puntos de recollida.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
RECORRIDO POR BODEGAS
Expertos vitivinícolas europeos descubren el territorio de la D.O. Monterrei
VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
EVENTO VITIVINÍCOLA
La D.O. Monterrei muestra sus vinos y teje sinergias en Tenerife
Lo último
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
COLOR DEL AÑO
Cloud Dancer: minimalismo, calma y moda en un solo color
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”