ARRANCA LA TEMPORADA
Galería | El parque acuático de Monterrei abre sus puertas con nuevas atracciones
CAMPAÑA DE DINAMIZACIÓN
A Asociación de Empresarios de Verín (Aever) vén de anunciar a campaña “Aquí en Verín ao lado da túa casa tamén temos o Black Friday”, coa que buscan trasladar o coñecido como “Venres Negro” aos establecementos da vila, incentivando así o consumo no comercio local nestas datas.
A campaña consistirá no sorteo de catro cheques regalo por un importe de 50 euros cada un, e arranca mañá venres e estenderase ata o domingo, 1 de decembro, incluído.
Ao longo destes tres días, tódolos tíckets de compras nos comercios asociados a Aever poderán entrar no sorteo, para o que basta con enviar unha foto do comprobante de compra, indicando nome e teléfono, ao enderezo aeverccu@gmail.com.
O sorteo online dos catro cheques terá lugar o vindeiro luns e os gañadores desta campaña, cofinanciada pola Xunta, publicaranse nas redes sociais de Aever. Ademais, os establecementos participantes nesta promoción farán descontos, ofrecerán agasallos e outras sorpresas con motivo do Black Friday.
A vila verinesa celebra hoxe, ás 19,30 horas no Auditorio, a gala de entrega de premios da primeira fase da campaña “Merca no teu comercio - Ourense”, que repartirá 50 bonos de 200 euros aos premiados no sorteo do pasado día 22.
Haberá música en directo co grupo Besbellos, un show de maxia da man de Pablo Estévez e sortearase un premio de 1000 euros entre os asistentes.
Para acudir basta con presentar un tícket dunha compra realizada entre o 1 e 20 de novembro nalgún dos comercios adheridos á campaña, de calquera vila da provincia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ARRANCA LA TEMPORADA
Galería | El parque acuático de Monterrei abre sus puertas con nuevas atracciones
PATRIMONIO Y NATURALEZA
Pinchos, vino y deporte, las claves de la Revolta Irmandiña de Verín y Monterrei
EVENTO PARA PROFESIONALES
San Sebastián, un nuevo escaparate para mostrar los vinos de la D.O. Monterrei
Lo último
Miguel Abad Vila
TRIBUNA
X: La amenaza fantasma
FIESTA DE INTERÉS TURÍSTICO INTERNACIONAL
Galicia refuerza los controles para la noche de San Juan
Daniel Montero
SUEÑOS DE OLIMPIA
Mundial 1942: Hitler prefirió la guerra al fútbol