FUTURA VARIEDAD
La D.O. Monterrei trabaja para unirse a los espumosos ourensanos
O Concello de Verín xa ten todo listo para desenvolver, un ano máis, os seus programas de conciliación da vida familiar e laboral durante os meses de verán e vacacións escolares. Ofrecen tres servizos diferentes: a Ludoteca de verán, o Campamento urbano e as Escolas deportivas de verán.
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (Omix) xa ten aberto o prazo de inscrición para a Ludoteca “Convive en Igualdade” e o Campamento, destinadas a nenos de entre 3 a 10 anos no caso do primeiro programa e de 11 a 15 anos para o Campamento. Comezarán o 22 de xuño e prolongaranse ata o 8 de setembro, de luns a venres con diferentes horarios adaptados ás idades dos nenos e contando cun equipo cualificado de nove monitores de tempo libre, doce mozos voluntarios e persoal en prácticas. Os prezos e horarios son variados.
Desta maneira a Omix ofrece dous servizos para a cativada e mocidade da contorna. A Ludoteca de verán conta con actividades como animación á lectura, xornadas acuáticas, cine infantil e obradoiros medioambientais. Mentres, o Campamento urbano desenvolverá acampadas nocturnas, sendeirismo, xogos olímpicos e actividades acuáticas.
As Escolas deportivas “Convive en Igualdade” organízanse dende a área de Mocidade do Concello, quen veñen de abrir o prazo de inscrición formal. “Este servizo é unha iniciativa lúdico-deportiva que xa cumpre a súa XV edición e que está ideada para nenos nados entre o 2009 e o 2019”, sinalan dende a organización.
Os usuarios terán un amplo servizo, en horario de 08,00 a 14,30 horas de luns a venres ocupando todo o período vacacional da escola. A tipoloxía de actividades deste programa baséase en xogos coeducativos de igualdade e actividades deportivas variadas, acompañado doutras actividades complementarias como cine, teatro, obradoiros, piscina, bailes e actividades propias de ocio e recreación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FUTURA VARIEDAD
La D.O. Monterrei trabaja para unirse a los espumosos ourensanos
CIENTOS DE VECINOS
Los mayores son protagonistas en Albarellos con su XIV Xuntanza
Lo último
COBERTURA DE PLAZAS CENTRALIZADA
Ourense se desmarca de un comunicado sobre las contrataciones en Urgencias
Ángel Mario Carreño
REFLEXIONES DE UN NONAGENARIO
La inteligencia artificial
32.000 OURENSANOS ATENDIDOS
La enfermería domiciliaria supera las 57.000 consultas en Ourense