FERIA VITIVINÍCOLA DE REFERENCIA
20 bodegas de la D.O. Monterrei se mostrarán en Barcelona
Vicente Gómez volve a ocupar a alcaldía de Castrelo do Val. Xa son 18 anos ao fronte deste concello, que para esta lexislatura está conformado por cinco edís socialistas e dous do PP.
Como acolleu os resultados?
Os resultados son satisfactorios, si ben baixamos 20 votos con respecto as anteriores eleccións, subimos o porcentaxe nun 1,6%. Aínda que teñamos fallos, a xente valora o noso traballo e forma de ser. Penso que as claves para manter a maioría son estar coa xente, é o principal. Inflúe tamén a atención que prestan os funcionarios e os políticos do concello aos veciños, Castrelo diferenciase de calquera outro concello pola atención ao cidadán
Como é o trato coa oposición?
Sempre foi bo, excepto nalgunha polémica concreta. Eu pedinlles que non se utilizara a confrontación partidista. Na investidura, a miña sexta, dixen que as miñas palabras ían cambiar moi pouco con respecto a outras: dedicación, traballo e tratar a todo o mundo igual. Non prometo obras porque dependemos de subvencións de outras Administracións.
Falando de axudas, séntense apoiados?
Nós andamos áxiles e nas que hai que presentarse imos conseguindo. Noutras que pedimos, unhas danas e outras non. As que son convenios pois é máis complicado. Dentro da Deputación hai diferenzas entre concellos, nós temos un respecto institucional con todos, polo que nestes últimos anos estamos recibindo axudas, pero non en comparación con outros concellos.
Que obxectivos se marca?
O obxectivo é continuar traballando polos veciños e dándolle todos os servizos. Os proxectos dependen máis das Administracións, pero agora temos un en marcha para mellorar o ciclo da auga.
Sobre o descenso de poboación, pode cambiar a tendencia?
É moi difícil, na montaña cada vez hai menos veciños. A verdade é que xogamos con moita ventaxa, o núcleo de Castrelo está medrando moito, temos que seguir traballando por mellorar os servizos e dotalos de todo o que precisen.
Será a última lexislatura?
É a miña idea, a min apaixoname a política, pero chega un momento no que ten que vir outra xente. Nesta lexislatura intentei que algún compañeiro dera o paso, pero finalmente afronteina eu, será a última. Parar con 73 anos está ben.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FERIA VITIVINÍCOLA DE REFERENCIA
20 bodegas de la D.O. Monterrei se mostrarán en Barcelona
"FUTURO VERDE ALTO TÁMEGA"
Los 10 concellos de Monterrei y Conso-Frieiras comienzan a gestionar los fondos Feder
Lo último
ACTIVIDADES CULTURALES
Más relaciones interpersonales y participación, menos pantallas
Operativo antiincendios
Ourense suma 12 nuevos tractores para desbroces