LECTO

Concelleiros que fan o contrario do que predican

fotodenuncia_04-03-2017_2

Estos días publicaba o partido político Democracia Ourensana no seu perfil de Facebook unha fotografía dun vehículo da Garda Civil, acompañado dunha mensaxe de protesta porque, supostamente, estaba mal aparcado (supoño que estarían informados os membros de DO do que estaban facendo exactamente os membros dos corpos de seguridade para afirmalo con tal rotundidade). Pois ben, resulta curioso que se dediquen a defender con este ímpetu o mal aparcamento dun vehículo da Garda Civil as mesmas persoas que uns días antes se podían ver co coche estacionado sobre as liñas amarelas dunha parada de autobús. Á vista do cal eu me pregunto, descoñece o concelleiro Gonzalo Pérez Jácome a prohibición de estacionar nunha parada de autobús? Ou simplemente ignora tal prohibición e fai o que lle parece? E en calquera caso, se chegara a ser alcalde, con que autoridade podería multar a un cidadán por estacionar incorrectamente unha persoa que aparca incorrectamente? E por último, as únicas leis que incumpre o conselleiro serán as de tráfico ou o de quebrantar a lei é unha norma no seu día a día?

Te puede interesar