Incremento de accidentes na estrada OU-536 (Ourense - Trives)

O Concello de Esgos quere novamente facer pública a situación que se está producindo no punto kilométrico 18,5 da carretera OU–536 o seu paso polo Concello de Esgos (entre a localidade de Esgos e Alto do Couso).
Nos últimos tres mes lévanse producido un número moi importante de accidentes de tráfico (máis de 30 saídas da vía na mesma curva) e incluso nalgún deles con victimas mortais.

Por parte da Consellería de Política Territorial non se tomou ningunha medida necesaria para correxir dita situación ante o alarmante crecemento de accidentes que se están a producir en dita curva. Ademáis, dende que se realizou a mellora da estrada cunha nova capa de aglomerado incrementouse considerablemente o número de accidentes en diferentes puntos da mesma, entre Ourense e Alto do Couso, con accidentes constantes en diferentes puntos.

Te puede interesar