De los lectores: ¿Onde está a Policía Local?

undefined
Fai unhas semanas fun sancionado con 200 euros por acceder á rúa Concordia, onde teño o meu domicilio profesional, por estacionar na zona de carga e descarga durante cinco minutos exactos, deixando o coche aberto, cas luces de emerxencia encendidas e co simple fin de descargar material de oficina, sendo un feito puntual e illado. O señor alcalde accede todos os días e incluso varias veces ao día, deixando o coche estacionado e ausentándose do lugar, pero parece que a Policía Local de Ourense fai unha excepción ao seu proceder habitual nesa rúa e nalgunha outra de acceso restrinxido, que tamén acostuma frecuentar. Gustaríame coñecer se a utilización que fai dos seus permisos como alcalde se limita ao estrictamente profesional. Teño as miñas dúbidas, xa que ou moito se entrega ao seu cargo ou polas horas nas que dito vehículo aparece por estos lugares o uso achégase máis ao persoal.

Te puede interesar