OURENSE

Quince días sen luz en Peliquín

luz_result
photo_camera Rúa da capela no barrio do Peliquín.

Un veciño do barrio mostra a súa disconformidade defendendo que "é un problema de vontade"

Os veciños do barrio de Peliquín levan sen luz quince días. Martín Andrade expón os seus argumentos nunha noticia denuncia recollida polo diario La Región.

"Na rúa da Capela no barrio de Peliquín a altura do número 4, levamos os veciños e viandantes sen luz máis de quince días. Será problema dunha escada ou que non hai bombillas. Mais ben creo que é un problema de vontade que sempre soe escasear nestes ámbitos dos concellos, porque da igual que  goberne o grupo azul, o vermello, o laranxa ou o violeta. Soamente é cuestión de facer o traballo, non  cando son tempos de eleccións como lles gusta ir chorar polas portas para acadar votos, e así nos responden agora."

Te puede interesar