A Executiva analiza hoxe a proposta do Concello, que a transladará despois ó grupo de expertos

A Academia inicia o proceso para decidir sobre o 'pulpo'

 (Foto: Martiño Pinal)
A comisión executiva da Real Academia Galega abordará durante a reunión que celebra hoxe a proposta que en días pasados recibiu do alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, acompañada dun informe do Instituto de Estudios Carballiñeses, para que se recoñeza no diccionario da lingua galega o termo 'pulpo'.
'A proposta tomará estado oficial nesta reunión dos cinco membros da comisión executiva na que veremos a proposta e o informe', sinalou o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero. Nembargantes, aínda que na referida comisión hai importantes lingüístas non serán os que tomarán a decisión final, senón que a proposta será traslada

'Cando os expertos emitan o informe e si a comisión executiva da Real Academia considera que é suficiente, entón tomará a súa decisión, pero si considera que o resultado é litixoso, trasladaríamos a nosa proposta ó plenario, onde hai homes de letras e lingüistas, ademais doutros diversos profesionais, que teñen o seu criterio e a súa cultura suficiente para decantarse', manifestou Alonso Montero.

Deste xeito, coa reunión de hoxe, a Real Academia Galega inicia os pasos sobre o futuro da palabra 'pulpo' no senso de si compartirá espazo no diccionario co termo polbo xa recoñecido.
O presidente admitiu que ten a súa propia opinión, se ben matizou que non a pode facer pública porque 'podo modificala ó ver os informes'.



INFORME

Por outra banda, ratificouse na súa anterior declaración de que o alcalde do Carballiño tomou a decisión acertada de dirixirse a esta institución porque é a única que pode tomar unha decisión deste tipo.

Alonso Montero tamén calificou de importante o informe do Instituto de Estudios Carballiñeses que acompaña a proposta do Concello porque conta con destacados expertos que dalgunha forma tamén facilitan a laboura dos da Real Academia Galega. 'Supoño que ese informe é importante, pero non quere decir que teña que ser aceptado total ou parcialmente', puntualizou. En consecuencia, aínda non hai prazos para resolver este asunto que tanta polémica está suscitando, tanto a nivel de expertos lingüístas e historiadores do idioma como entre a clase política e na misma rúa.

O Instituto de Estudios Carballiñeses contou con 12 expertos para a redacción do informe que lle solicitou Argimiro Marnotes. Recabaron documentación, entre outros lugares, na Catedral de Santiago de Compostela e no Mosteiro de Caaveiro (A Coruña). Nestes documentos dos séculos XI pero sobre todo do XII, figura o termo pulpum para denominar ó cefalópodo. Pola contra, o informe sinala que a palabra polbo xurdiu moito máis tarde, xa que non está rexistrada en ningún documento ata o século XV.

Tamén botan man de escritores ilustres máis recentes como Álvaro Cunqueiro e o seu libro A Cociña Galega, onde utiliza as dúas palabras puntualizando que polbo se usa en zonas do litoral, ou Xaquín Lorenzo, entre outros.


O alcalde confía en que se acepte a proposta do Concello

O alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, móstrase confiado en que a decisión da Real Academia Galega será favorable ó Concello. O rexidor obtuvo o respaldo dende o primeiro día do Instituto de Estudios Carballiñeses para esta proposta que él xustifica na utilización maioritaria nesta zona do interior da palabra 'pulpo' e nos máis de 50 anos de celebración da Festa do Pulpo no Carballiño. A polémica xa ten a súa raíz en anteriores gobernos municipales, cando nunha edición da festa foi necesario empregar o termo polbo para obter a subvención oficial para a celebración. Daquela, as autoridades municipais, que eran socialistas, xa se negaran a cambiar o nome do multitudinario evento gastronómico.

Esta proposta tamén lle costou a Marnotes as críticas por parte da oposición. O PSdeG e o BNG consideran que o rexidor intenta distraer a atención de problemas máis acuciantes que ten o Carballiño. Tamén a Mesa pola Normalización Lingüística a calificou de castelanismo.

Te puede interesar