Acordo para a construción dun centro de saúde na estación de autobuses de Carballiño

photo_camera El conselleiro de Sanidad, Julio García Comesaña, y la conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, firmaron el protocolo de colaboración con el Concello de Carballiño para la ejecución del nuevo centro de salud en la villa.
O novo centro de saúde do Carballiño verá multiplicado por 2,5 o seu espazo actual, xa que se levantará nunha parcela de 4.500 metros cadrados.

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, asinou está mañá un protocolo de colaboración co conselleiro de Sanidade, Julio Comesaña, e conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, para a execución das obras de construción dun novo centro de saúde na estación de autobuses. No acto tamén estiveron acompañados polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén.

O rexedor destacou a importancia deste proxecto para todos os veciños e veciñas do Concello: “Hoxe é un día importante para O Carballiño e pedimos que se de a máxima celeridade posible as obras”.

Francisco Fumega destacou que o proxecto contemple un aparcamento de 1.000 metros cadrados, “vital para o funcionamento das instalacións”. O alcalde agradeceu ao ex-presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, a súa colaboración para que o novo centro de saúde do Carballiño sexa pronto unha realidade.

Tal e como se recordou neste acto no que se asinou o protocolo de colaboración entre Administracións, o Concello do Carballiño remitiu varias propostas para o emprazamento deste novo ambulatorio, se ben a estación de autobuses presentouse como a mellor pola perspectiva dun rápido inicio dos traballos e polo feito de que só require trámites urbanísticos para o cambio de uso e adaptación da edificabilidade.

O novo centro de saúde do Carballiño verá multiplicado por 2,5 o seu espazo actual, xa que se levantará nunha parcela de 4.500 metros cadrados. Tal e como explicou Comesaña, “será un inmoble moderno que permitirá contar con máis consultas de medicina e enfermería e espazos como unha sala de illamento para pacientes infecciosos, unha sala de educación maternal ou unha de toma de mostras da que non dispoñemos no centro actual”. Tamén contará cun área de saúde bucodental e outra de saúde mental con espazo para psiquiatra e enfermeira especialista. Destacar, ademais, a creación dunha consulta de docencia para dar formación a residentes e as melloras no PAC.

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, indicou que se procederá a construír o centro de saúde ao mesmo tempo que se dá unha alternativa idónea para a parada de autobuses: “Será un punto de parada que garanta a intermodalidade. Xunto co Concello do Carballiño, acordamos realizar na estación ferroviaria unha zona de parada de  autobuses para a intermodalidade, unha actuación de 190.000 euros. Estamos no proceso de contratación e terá un período de execución de 5 meses”.

Te puede interesar