Os agüistas quéixanse do abandono da fonte termal de Arcos

Os usuarios da fonte de Arcos utilizan restos dun banco para non mollarse. (Foto: Martiño Pinal)
O entorno da fonte termal de ‘O Bañiño’, situada á beira do río Arenteiro na parroquia carballiñesa de Arcos, presenta certo estado de abandono, según os seus usuarios.
‘O estanque que recolle a auga do manancial está tupido e o entorno aparece todo inundado’, sinalan. Así, para poder beber do caño ou encher unha garrafa, teñen que utilizar os restos dun banco de madeira -roto por vándalospara non mollar os pés. Os agüistas lembran que ‘a esta fonte veñen ducias de persoas tódolos días e as autoridades deberían acondicionar este espazo’.


Te puede interesar