Se a institución da lingua galega non o acepta, recurrirá a unha iniciativa popular para conseguilo

O alcalde pide á RAG que recoñeza a palabra 'pulpo' no diccionario galego

Unha pulpeira nunha Festa do Pulpo, que se celebra o segundo domingo do mes de agosto. (Foto: MARTIÑO PINAL)
O Concello do Carballiño solicitará á Real Academia Galega que se recoñeza a palabra 'pulpo' no diccionario da lingüa, tendo en conta que na actualidade só se identifica este cefalópodo como polbo. O alcalde, Argimiro Marnotes, anunciaba onte que será o Instituto de Estudios Carballiñeses quen se encargue da elaboración dun informe para ser remitido á Real Academia Galega, despois da correspondiente aprobación da proposta por parte da Corporación local.
Marnotes apuntaba que 'aquí sempre foi pulpo', referíndose precisamente ó Concello do Carballiño, internacionalmente coñecido pola festa que adica o segundo domingo de agosto de cada ano ó seu produto estrela: o pulpo á feira, cuia fama débese a excelente preparación das pulpeiras de Arcos e por extensión do Carballiño.

Neste 2014 cúmplense 52 anos de celebración da Festa do Pulpo, un periodo o suficientemente longo da historia que xustifica, en opinión do grupo de goberno, esta petición. Por ese motivo, sinalaba o rexidor que no caso de que a Real Academia Galega rexeite a proposta, o Concello está disposto a emprender unha iniciativa popular para conseguilo.

O director do Instituto de Estudios Carballiñeses, Avelino Muleiro, declaraba que co informe que lles encargou o Concello preténdese demostrar que a palabra pulpo é a que se utiliza normalmente pese non estar considerada galega pola normativa dos últimos anos. Muleiro sinala que 'a lingua é dinámica como a sociedade e hai palabras que non existían pero que por ser utilizadas xa están recoñecidas'. O director do Instituto, que na actualidade conta con 182 profesionais de toda Galicia perteñecentes a distintas disciplinas, recoñece que 'hai reticencias para cambialo pero a proposta que faremos será científica, filolóxica e antropolóxica, porque a lingüa non só depende da orixe da palabra senón tamén da pragmática'.

Te puede interesar