Alumnos do Chamoso fan unha exposición fotográfica en Carballiño

Fotografía en Carballiño.
photo_camera Fotografía en Carballiño.
Os estudantes de Carballiño levan xa varios meses aprendendo técnica fotográfica e documentándose sobre a tradición no mundo dos doces da familia Cerviño, tradición que está a piques de cumprir cen anos

Un grupo de alumnos de terceiro de ESO do IES Chamoso Lamas do Carballiño está a realizar este curso un traballo de fotografía sobre a Confitería Cerviño e o proceso de elaboración das súas afamadas cañas fritas, coñecidas en toda Galicia e boa parte do estado español, así como noutros países. 

Os estudantes levan xa varios meses aprendendo técnica fotográfica e documentándose sobre a tradición no mundo dos doces da familia Cerviño, tradición que está a piques de cumprir cen anos. Esta semana pasada realizaron a parte final do traballo na propia confitería, que dará lugar despois a una exposición que se exhibirá no propio centro educativo e tamén noutros espazos do pobo de Carballiño, que se anunciarán con antelación para todos aqueles interesados en coñecer este traballo. Como outros anos, está actividade enmárcase dentro do Plan Proxecta de innovación educativa, máis concretamente dentro de Fotografía en Curso, coordinado polo Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI).

 Ao igual que ocorreu o ano pasado, os alumnos tamén están a realizar un documental sobre o mesmo tema relativo a Confitería Cerviño, que se estreará ao mesmo tempo que se realice a exposición fotográfica, segundo informa o profesorado do IES Chamoso Lamas.

Te puede interesar