Unha andaina axudará ós carballiñeses a coñecer a paisaxe do Camiño dos Arrieiros

Os departamentos municipais de Servizos Sociais, Sanidade e Deportes do Carballiño organizan o vindeiro domingo un roteiro polo Camiño dos Arrieiros. Esta xornada de lecer denomínase ‘I Andaina Saudable’, e ten coma obxectivos ‘o fomento da actividade física entre xoves e maiores e o coñecemento de lugares e paisaxes de gran beleza que temos no municipio’, sinalou a concelleira de Sanidade, Asunción Rivero.
A marcha partirá ás 10.00 horas da Praza Maior da vila para percorrer unha distancia de 12 quilómetros polas parroquias de Sagra, Partovia e Mesego, seguindo o antigo roteiro dos arrieiros e cunha parada para descansar na metade do itinerario. Os participantes serán guiados por un xove de Partovia, Víctor Tato, e recibirán froita, auga e refrescos para recuperar forzas, aínda que a dificultade orográfica non é alta.

Asunción Rivero adiantou que ‘cara o futuro, tentaremos ampliar este percorrido a outras zonas do Camiño dos Arrieiros coma é o caso de Barón, unha vez estemos mellor entrenados’, e agradeceu a colaboración das empresas Begano e Eroski.

Te puede interesar