Unha andaina propón obter fotos do Camiño dos Arrieiros

O 'Camiño dos Arrieiros', unha ruta recuperada da Idade Media que cruza cinco parroquias do municipio do Carballiño, é obxecto da organización dunha 'andaina fotográfica' por parte do clube sendeirista Rillamillas e da asociación O Potiños. Esta actividade desenvolverase o vindeiro domingo 23 de outubro, con saída ás 9,30 horas do campo da festa de Mesego, para percorrer tamén as parroquias de Barón, Sagra, Partovia e San Cibrao, e na que se invita ós camiñantes a ir provistos dunha cámara fotográfica e, deste xeito, poder participar na primeira edición dun concurso.
Os organizadores suliñan que 'o tema das imaxes deberá estar centrado nos valores humáns., deportivos, culturais e paisaxísticos da andaina e nas xentes dos pobos que atravesa a ruta'. Os concursantes poderán presentar un máximo de tres imaxes en branco e negro ou cor, en soporte papel, nun tamaño comprendido entre 20x30 e 40x50 centímetros, ata o 5 de novembro.


PREMIOS

Un xurado de expertos escollerá un máximo de 30 fotos para a montaxe dunha exposición, e tamén decidirá os gañadores. O local da asociación de veciños de Partovia acollerá, o 12 de novembro, a entrega dos premios, un de 150 euros e outro consistente nun reloxo, reservándose cinco accésits para outros tantos concursantes.

Te puede interesar