FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
A Agrupación Cultural Avantar celebra este ano o seu 50 aniversario e faino coa organización de diversas actividades, destacando entre elas a gala que se desenvolverá o próximo 6 de xullo no Auditorio Manuel María, a partir das 20,30 horas, e para a que a actual directiva conta con moitas das principais asociacións da vila, que así celebran tamén o nacemento desta entidade no ano 1974, en plena dictadura.
O concelleiro de Cultura, Diego Fernández, acompañou a Reme Forneiro e Nani Blanco, da directiva de Avantar, na presentación da gala, ás que felicitou por relanzar esta tradicional agrupación, ofrecéndolle o apoio do Concello, e referíndose a importancia do asociacionismo, polo que “Carballiño está moi vivo, gracias a eles”.
Forneiro adiantaba a instauración do galardón Ernesto Atanasio “O Corcheiro”, un dos fundadores, que servirá de recoñecemento a persoas ou entidades que traballan a prol da cultura e da lingua.
Na gala participarán os grupos de teatro Tiruleque e Dar Trela; Cine Club e os alumnos do Chamoso Lamas presentarán unha proxección sobre Avantar; tamén se conta con O Leo, Isidro Vidal, Gabi Reboredo e Roberto Sobrado. Colaboran, ademais do Concello, a Asociación Fotográfica O Potiños e a Asociación Cultural Pepa Loba, xunto con numerosos negocios da vila.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
ARREDOR DE 300 PERSOAS
Galería | A Festa da Palabra acolle a entrega dos Premios Ínsua dos Poetas 2026
Lo último
MIGRANTES EN CEUTA
El reparto de menores causa una nueva crisis institucional
PEOR ACCIDENTE DEL SIGLO XXI
El caso del Villa de Pitanxo, a punto de iniciar su juicio