As axudas económicas da Xunta a inmigrantes centraranse na súa inserción laboral

Os investimentos que a Xunta ten previstos nos orzamentos do vindeiro ano para a poboación inmigrante estarán orientados á formación e integración laboral, según adiantou o secretario xeral de Emigración, Manuel Luis Rodríguez. O responsable deste departamento da Presidencia desplazouse onte ó Carballiño para entregar os diplomas dos cursos formativos promovidos pola Área de Servizos Sociais.
Manuel Luis Rodríguez sinalou que ‘dende a Xunta consideramos fundamental a inserción laboral dos inmigrantes ó traverso da súa formación para conquerir un emprego, xa que esta poboación non pode quedar á marxe deste tipo de programas’. Asemade, o director xeral engadiu que ‘outro aspecto que imos potenciar é o da interculturalidade, na procura de compatibilizar os valores da nosa sociedade cos propios dos inmigrantes que acollemos na nosa terra’.

A concelleira de Servizos Sociais do Carballiño, Asunción Rivero, agradeceu o apoio de Emigración ós cursos de formación, que recibiron este ano unha subvención de 36.000 euros e presentoulle a Manuel Luis Rodríguez a directiva dunha nova asociación de mulleres inmigrantes e emigrantes retornadas. Un grupo de 70 mulleres participou en cursiños de camareira de piso, castelán e galego, informática aplicada, manipulación de alimentas, autoestima e técnicas de busca de emprego.

Te puede interesar