O BNG solicita da alcaldía do Carballiño a anulación da mesa negociadora sindical

O grupo municipal do BNG do Carballiño vén de solicitar do alcalde do Carballiño, o socialista Carlos Montes, a anulación da Mesa Xeral de Negociación que foi constituida o pasado 5 de xuño e da que foi excluida a oposición. O concelleiro Bernardo García lembra que ‘dado que o acordo do pleno de 27 de marzo non foi impugnado por ningún partido, constitúe unha disposición válida do máximo órgano municipal e é executable polos responsables do goberno’.
Nesa sesión plenaria, PP e BNG aprobaron -coa abstención do PSOEque na mesa negociadora habería dous representantes ‘populares’, dous nacionalistas e tres socialistas, ademais dos delegados elexidos polos funcionarios e persoal laboral do Concello. ‘A falta de execución pode lever a incurrir nunha vulneración do dereito fundamental de participación política dos concelleiros e, evidentemente, nun incumplemento dise acordo plenario’, apunta Bernardo García.

O edil do BNG engade que ‘a actuación máis grave é o feito de que o concelleiro de Persoal, José Antonio Barge, convocase a sabendas da súa ilicitude unha Mesa Xeral de Negociación á marxe da citada disposición plenaria do 27 de marzo’. Deste xeito, Bernardo García indica que ‘estas actuacións á marxe do dereito, incurren nos vicios de nulidade radical contemplados na da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas’.

Te puede interesar