A brigada de obras e a escola taller do Carballiño estrean as instalacións da nova nave municipal

Interior del garaje de la nueva nave del Concello carballiñés. (Foto: Martiño Pinal)
Os traballadores da brigada e do taller de emprego municipais do Carballiño xa dispoñen no polígono industrial da Uceira dun novo centro operativo, transcurridos dous anos despois do incendio que destruira a antigua nave de maquinaria e que fora causado por un cortocircuito nun dos vehículos que alí se gardaban.
O alcalde, Carlos Montes, visitou onte as instalacións, construidas nun ano e medio pola empresa Joenfe cun investimento de perto de 600.000 euros da anterior Consellería da Presidencia.

O rexedor lembrou que a superficie útil desta nave é de 2.500 metros cadrados e dispón de sistemas de suministro eléctrico por paneis solares e de extinción de lumes, ‘se ben os amplos ventanais permiten unha boa iluminación natural, e así o aforro de corrente é importante’.

Os alumnos do módulo de carpintería do taller de emprego xa dispoñen dun local axeitado, que se completará con outro destinado a forxa ‘unha vez remate o traslado da maquinaria’. A nave tamén acolle un amplo garaxe con almacén, aulas para a formación laboral e aseos.


Te puede interesar