Cabaleiros de Lalín percorreron os tramos da Ruta dos Arrieiros

Un grupo de xinetes, entre as localidades de Gomariz e Cabanelas. (Foto: Xesús Fariñas)
A Asociación de Cabaleiros de Lalín programou un itinerario de 100 quilómetros e tres xornadas de duración entre as provincias de Pontevedra e Ourense, no que se incluiu en Carballiño o ‘Camiño dos Arrieiros’.
Un grupo de 30 xinetes da Asociación de Cabaleiros de Lalín fixeron onte parada e fonda na vila do Arenteiro no seu itinerario de 100 quilómetros por terras das comarcas de A Paradanta, O Ribeiro, Carballiño e O Deza.

Os participantes partiron ás 10 de mañá dende a localidade pontevedresa de A Cañiza ata chegar a Ribadavia, onde xantaron de confraternidade. A continuación, desplazaronse ata Leiro para logo continuar ata Gomariz e Cabanelas e percorrer os sendeiros do ‘Camiño dos Arrieiros’, que atravesa cinco parroquias da zona sur do Carballiño.

Axentes da Policía Local controlaron o tráfico no tramo de O Torrón, punto elexido polos cabaleiros para entrar na vila do Arenteiro ás oito do serán, onde cearon e durmiron antes de continuar hoxe o camiño ata O Tellado (O Irixo), Zobra e Lalín.

Te puede interesar