Unha campaña tenta reducir lixo orgánico nos depósitos amarelos

Lixo amontoado na rúa Vallellano. (Foto: JAINER BARROS)
A campaña da Concellería de Medio Ambiente do Carballiño para fomentar a reducción e reciclaxe do lixo estase a centrar nunhas xornadas nos distintos centros escolares da vila. O obxectivo é rebaixar ó menos un punto dese 31% de residuos 'impropios' (que non son latas nin plásticos) que os veciños depositan indebidamente nos contedores amarelos.
O responsable desta área municipal, Bernardo García, explica que 'a empresa Sogama impónnos unha penalización económica por ise punto que está por riba da porcentaxe recomendada do 30%, pero nestes intres descoñecemos cal é esa cantidade'.

Para tratar de concienciar ós estudantes, dous técnicos da propia concellería son quenes imparten as charlas nos colexios, acompañadas dunha proba práctica. Estas xa se desenvolveron no Instituto Chamoso Lamas e continuarán o día 16 no IES de Señorin e o 18 no colexio Vila do Arenteiro.

Te puede interesar