O CARBALLIÑO

Carballiño contará cunha estación da ITV permanente

No Concello ten a previsión de atender xa ese ano 5.000 vehículos por exercicio e xerar 4 postos de traballo. 
 

A empresa Supervisión y Control, concesionaria da ITV na Comunidade autónoma contempla a apertura de catro novas estacións en Santiago, Nigrán, A Coruña e Carballiño, que sumarán 7 novas liñas con capacidade para realizar, xa no 2017, máis de 80.000 inspeccións anuais. Concretamente, no Carballiño ten a previsión de atender xa ese ano 5.000 vehículos por exercicio e xerar 4 postos de traballo. 

Fontes da Consellería de Economía e Industria non puderon precisar aínda para cando estrará en funcionamento esta estación permanente no Carballiño, e só matizan que está dentro dun plan que se desenvolverá ata o 2017. Ó mesmo tempo, tampouco teñen confirmada a súa ubicación, xa que a inspección realizase de momento e cada certo tempo na explanada da estación de ferrocarril.

Estas novas instalacións, moi demandadas dende o Concello do Carballiño, sumaranse as outras que funcionan na provincia de Ourense e que están en Xinzo, Verín, O Barco e a cidade.

O plan de investimentos en Galicia comprende distintas actuacións que suman un total de 7,1 millóns de euros neste bienio co obxectivo de mellorar o servizo prestado á cidadanía e o correcto funcionamento do parque móbil galego. Grazas ás novas infraestruturas, os cidadáns verán reducidas as distancias para pasar as inspeccións.

Te puede interesar