O Carballiño ofrece en maio 20 propostas culturais

Concello do Carballiño
photo_camera Concello do Carballiño

O Concello do Carballiño ofrece unha programación cultural neste mes de maio cunha vintena de propostas que terán as Letras Galegas como protagonistas. Cine, gastronomía, música e ata unha Festa do Libro prevista para o día 18 dedicada a José Fariña Jamardo, inclúense no programa, que arrancaba o pasado venres coa proxección da película “La Maternal” no Auditorio Manuel María e coa Ruta das Tapas, que se repetirá o próximo venres e que se dedica aos produtos do mar. A programación continuaba onte co monólogo de Pablo Meixe, “¿Quién aguanta esto?”.

Un dos actos estrela deste mes das Letras Galegas agárdase para o 11 de maio na rúa Carreira, onde terá lugar a inauguración dun mural conmemorativo de Francisco Fernández del Riego, intelectual e fundador da Editorial Galaxia ao que se dedica esta edición. O acto está previsto para as 12,00 horas.

Te puede interesar