O Casino acolle o festival 'Nadal Rock' para grupos locais

A terceira edición do festival 'Nadal Rock' do Carballiño convertirase por vez primeira nun certame para os conxuntos musicais da comarca e terá como sede o Casino Cultural o vindeiro 4 de xaneiro, dende as 21,00 horas. A entidade recreativa, a Concellería de Sanidade e asociación '8 Notas' organizan este concurso, no que se concederán tres premios de 250, 180 e 70 euros, según a puntuación que reciban dos asistentes.
O edil de Sanidade, Martín Nogueira, suliñou que 'o obxectivo deste festival é demostrar que un xoven se pode divertir sen beber alcohol'. Os grupos interesados en participar poden inscribirse dende hoxe e ata o 30 de decembro nas oficiñas municipais, tendo en conta que os conxuntos musicais deben aportar ó menos un menor de 25 anos e unha persoa empadroada no Carballiño.


BAILE

Os seis primeiros grupos en anotarse serán os que actúen na gala, interpretando cinco temas cada un ata un máximo de media hora de actuación. O técnico municipal de Sanidade, Xosé Manuel Fariñas, indicou que 'este ano non se fai o festival no Auditorio municipal, xa que a xente que asistía tiña que estar sentada, e o rock é para bailar e por iso se pensou na sala de festas do Casino'.

Te puede interesar