Cea estrea un campo sintético para o fútbol

Cachaldora, Valladares, Baltar e González, atentos ó saque. (Foto: XESÚS FARIÑAS)
Un total de 42 equipos dende infantís a veteranos participan, dende as sete da mañá de onte nun maratón de 'fútbol 7', na estrea do novo campo de céspede sintético de O Lodairo, en San Cristovo de Cea. A nova estructura do recinto de xogo, así como uns vestiarios, foron inaugurados onte por autoridades políticas e deportivas da provincia e de Galicia.
Entre elas, Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, institución que aportou o 80% dos 300.000 euros que custou a construcción, mentres o Concello de Cea puxo o 20% restante, 60.000 euros. O alcalde do municipio, José Luis Valladares, destacou que 'estas son unhas instalacións dignas para os rapaces de Cea, nun lugar onde antes había penedos e toxos'. O rexedor agradeceu ó expresidente da Deputación e pai do actual, José Luis Baltar, 'que escoitara a reivindicación que lle transmitimos dos veciños que pediron un campo de herba artificial'.

Pola súa banda, Manuel Baltar, suliñou que 'este proxecto é unha clara aposta da Deputación para a mellora das infraestructuras deportivas', e engadiu que 'o fútbol profesional non é nada se non hai rapaces na canteira coma os que están aquí'. Valladares invitou a un veterano futbolista de Cea, Andrés Torres, á que descubrise unha placa conmemorativa colocada na parede dos novos vestiarios. Ó acto asistiron tamén Plácido Díaz e José Luis Cachaldora, vicepresidente e delegado, respectivamente, da Federación Galega de Fútbol, e o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González.

Te puede interesar