Charla en Beariz da campaña Toponimízate da Real Academia
toponimia
O público poderá familiarizarse coa aplicación colaborativa que permitirá proximamente que a cidadanía participe na preservación e difusión da microtoponimia a través da xeolocalización.
A campaña de divulgación da toponimia Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra, coordinada pola Real Academia Galega coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, chegará o 15 de novembro a Beariz. O especialista en toponimia Vicente Feijoo, membro do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega (RAG), impartirá unha charla ás 19,00 horas no salón de plenos da Casa do Concello. A intervención conta coas achegas, na parte relativa á orixe e significado dos nomes do municipio e das súas parroquias e aldeas, do académico e profesor da Universidade de Vigo Gonzalo Navaza.
O público poderá familiarizarse coa aplicación colaborativa que permitirá proximamente que a cidadanía participe na preservación e difusión da microtoponimia a través da xeolocalización.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este jueves, 16 de abril
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: jueves, 16 de abril