FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
Os colectivos veciñais SOS Suido-Seixo e Alarma Terra de Montes lanzan a campaña “Ollo cos Agapitos!”. Aseguran que Recursos Minerales de Galicia S.L., filial do grupo SAMCA, que pretende iniciar un proxecto de minaría de litio nas Serras do Suído e Seixo, “voltou á carga esta semana logo de que o pasado mes de marzo o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza confirmara o seu desistimento do recurso contencioso-administrativo contra o arquivo do seu proxecto “Alberta I” que afectaba aos concellos de Beariz, Forcarei, Avión e Cerdedo-Cotobade”.
Añaden, que directivos de SAMCA desprazáranse desde Zaragoza para retomar o proxecto, utilizando como base a nave industrial da empresa en Vilapouca, Forcarei.
Por iso poñen en marcha esta campaña, á que se suma Ecoloxistas en Acción, para denunciar esta presenza de persoas ligadas ás empresas que buscan o enfrontamento veciñal. Desta volta, SAMCA pretende retomar as perforacións con novos sondeos mineiros.
En paralelo, alertan de que a empresa xa está ultimando a documentación dun novo proxecto co que iniciará o procedemento de pase á concesión de explotación, incluíndo un estudo hidroxeolóxico elaborado pola Universidade da Coruña. Advirten os colectivos que estarán atentos “para evitar os atropelos do anterior trámite”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO PULPO
Carballiño preparará unha tapa de pulpo de 610 quilos
OCIO EN FAMILIA
Los niños carballiñeses vencen el calor en la Festa da auga
ARREDOR DE 300 PERSOAS
Galería | A Festa da Palabra acolle a entrega dos Premios Ínsua dos Poetas 2026
Lo último
ENTRE EL RESPALDO Y LAS CRÍTICAS A ESPAÑA
Los ministros de Interior de la UE afrontan este martes la tragedia humanitaria de Ceuta
MÍNIMO DE CASI DOS DÉCADAS
El paro sube en julio hasta los 2,31 millones pero el desempleo juvenil alcanza un mínimo histórico
DEL CALDEIRO A LA MESA
Carne ao caldeiro en Ourense: dónde comer este plato gallego en verano