O colexio de Maside gaña aulas para o novo curso

Celso Fernández, Xesús Vázquez, Casimiro Campo e Luis Veloso visitan as obras. (Foto: MARTIÑO PINAL)
As obras de ampliación do colexio público de Maside supoñen un novo espazo de 500 metros cadrados que xa estará operativo no vindeiro curso académico. A nova edificación foi visitada ó mediodía de onte polo conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, que estivo acompañado polo director do centro, Luis Veloso, xunto co alcalde do municipio, Celso Fernández, e o voceiro do PP, Casimiro Campo.
Os traballos, nos que o departamento autonómico inviste 475.000 euros, permiten habilitar sete aulas para os alumnos dos tres primeiros cursos de Educación Primaria, e unha sala adicional, quedando a planta baixa como área de xogos.

El nuevo anexo evitará que los estudiantes citados tengan que desplazarse cuatro veces al día desde la antigua escuela para acudir al servicio de comedor. Xesús Vázquez destacou que 'iste colexio é un dos referentes na zona rural galega, xa que conta cunha sección bilingüe en inglés, da que se benefician 85 estudantes cun auxiliar de conversa procedente dos Estados Unidos'.

Te puede interesar