El Concello de O Carballiño destina 40.000 euros a axudas ás familias para enfrontar o novo curso escolar
DENDE OS 50 AOS 120 EUROS
O Concello do Carballiño destina 40.000 euros do orzamento municipal ás axudas a familias con menor poder adquisitivo para a compra de libros de texto e material escolar. Como requirimentos, todos os membros das unidades familiares deben estar empadroados e os menores escolarizados en centros públicos ou concertados do municipio.
As familias con menor poder adquisitivo do Concello do Carballiño contarán con axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. Os nenos ao seu cargo deberán estar escolarizados en centros públicos ou concertados do Carballiño. O importe total asignado no orzamento municipal do 2024 que se destina a este fin é de 40.000 euros. Os responsables municipais sinalan que esa partida económica poderá ser ampliada se fose necesario.
Seis meses de empadroamento
Os beneficiarios son as familias con menor poder adquisitivo e nas que todos os membros da unidade de convivencia estean empadroados no Concello do Carballiño con seis meses de antigüidade, como mínimo e os solicitantes que estean matriculados en Educación Infantil (3, 4 e 5 anos) e Educación Primaria e Secundaria nun centro educativo do Carballiño. No caso de cambiarse a un centro educativo doutro concello (despois de solicitar a axuda), non terá dereito a percibila. Por outra banda, non poden superar os 9.000 euros de renda per cápita anual por membro da unidade familiar.
A contía máxima é en Educación Infantil, ata 7.000 euros de renda per cápita, de 120 euros; de 7.001 ata 9.000 euros de renda, son 100 euros; mentres que en Educación Primaria e Secundaria, con ata 7.000 euros de renda, 60 euros; e de 7.001 ata 9.000 euros de renda per cápita, as axudas serán de 50 euros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Ataque a Irán
Rusia evacúa a su personal de la central de Irán atacada
VIOLENCIA DE GÉNERO
Detenido el presunto violador de una mujer con discapacidad en Palma de Mallorca