CONCELLO

O Concello de Carballiño só atende con cita previa aos veciños

Para o servizo do Rexistro municipal non será necesaria a cita previa (ÓSCAR PINAL).
photo_camera Para o servizo do Rexistro municipal non será necesaria a cita previa (ÓSCAR PINAL).
Os usuarios deberán chamar por teléfono para calquera xestión excepto Rexistro e Policía

 Tras a incorporación da totalidade do persoal municipal aos seus postos de traballo presenciais, e en cumprimento da normativa de seguridade e prevención polo covid-19, o Concello do Carballiño instaura o sistema de cita previa telefónica como modelo obrigatorio para poder realizar calquera xestión, excepto no que respecta ao Rexistro ou á Policía Local, se ben neste último caso, sempre que se poda, é aconsellable facelo por teléfono. Nos próximos días tamén se poderá solicitar cita telemáticamente, a través da páxina web do concello, cando o sistema estea dispoñible.

Así, para calquera xestión, consulta ou entrevista cun departamento deberase solicitar a cita chamando ao número 988 530007. Unha vez efectuada a chamada, é preciso indicar a extensión do servizo co que se quere falar. As solicitudes deberán facerse para o horario de 09,30 a 13,30 horas, de luns a venres, excepto días festivos. 

Para o Catastro, as citas serán de 12,00 a 13,30 horas, tamén de de luns a venres; e para os Servizos Sociais, o número ao que se debe chamar para solicitar cita previa é o 988531076. Así mesmo, está previsto instalar unha conserxería á entrada do concello, para informar e facilitar o acceso ás dependencias municipais, mantendo a máxima seguridade no cumprimento das normas polo covid-19. 

Desta maneira, perséguese reforzar a seguridade tanto do persoal como dos usuarios.

Te puede interesar