CULTURA

O Concello convoca unha mostra de pintura na rúa

As obras presentadas serán expostas na Casa Consistorial do Carballiño ao remate da mostra, durante o mes de xullo

A Concellería de Cultura de Carballiño convoca a I Mostra de Pintura na Rúa, como unha iniciativa encamiñada a promover a difusión da arte pictórica ao aire libre. Terá lugar o próximo 26 de xuño, entre as 10,00 e as 20,00 horas. A mostra ten un carácter benéfico, doándose as obras á asociación Aspadisi (familias de discapacitados psíquicos). 

Ademais, entre todos os participantes elexirase unha obra, que será cedida ao concello e ilustrará o cartel anunciador da mostra do próximo ano.

As obras presentadas serán expostas na Casa Consistorial do Carballiño ao remate da mostra, durante o mes de xullo. Poderán participar todas as persoas afeccionadas á pintura que o desexen, sen limitación de idade. Tanto o formato como a técnica que se empreguen na realización das  obras serán de carácter libre, tendo como único condicionante que estas se executen íntegramente nalgún espazo público do casco urbano da vila do Carballiño

Te puede interesar