CARBALLIÑO

O Concello terá ITV fixa antes de que remate 2016

<p></p>
photo_camera Marisol Díaz, Francisco Fumega, Ángel Bernardo Tahices e Amador de Castro.

O alcalde considera que "apuntala" o futuro do polígono e creará emprego directo e indirecto.

Carballiño contará a finais deste ano 2016 cunha estación fixa de ITV (Inspección Técnica de Vehículos), que era unha vella demanda da cidadanía e que, segundo o alcalde, Francisco Fumega, abre "unha posibilidade de futuro e apuntalamento do polígono industrial", engadindo o rexidor que tamén é importante porque creará catro novos postos de traballo directos, pero que tamén suporá moitos indirectos.

O proxecto foi presentado polo director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces; polo presidente de Supervisión e Control, Amador de Castro, que xestiona as ITV de Galicia; e a delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz.

Tahoces apuntou que este proxecto mellora as prestacións de servizo para a cidadanía e incrementa a seguridade vial. Informou que esta estación, que se instalará nunha parcela de 3.173 metros cuadrados do polígono industrial da Uceira, que é propiedade do IGVS, suporá un investimento de 950.000 euros. Tamén sinalou que no primeiro ano de funcionamento está previsto inspeccionar 4.000 vehículos, que chegarán a ser 14.000 no 2020. "Será unha prestación continuada e de calidade", sinalou.

Con esta nova estación sumarán 26 fixas en Galicia e 10 móbiles, cunha inversión entre o 2010 e o 2016 de 9 millóns de euros, segundo apuntou Tahoces.

Amador de Castro, pola súa parte, referiuse ao éxito das empresas que representa e que está baseado non só na calidade técnica das instalacións, senón na calidade do persoal. Así, dixo que haberá moitas melloras técnicas e medioambientais, pero que o máis importante era contar cuns bos profesionais que conformaban un equipo. Por iso, definiu a súa empresa como novedosa e solidaria. "Nós devolvemos unha pequena parte do que recibimos pero temos traballadores diferentes, que son felices e fan felices ós demais", engadiu referíndose a súa empresa, Revisión e Control, que conta na actualidade con máis de 600 empregados.

Francisco Fumega apuntaba que estas instalacións lle otorgarán ao concello do Carballiño, xunto coas boas comunicacións e o feito de ser cabeceira de comarca, "unha situación de privilexio que debía aproveitarse", e agradeceu o esforzo realizado.

Te puede interesar