O congreso de investigadores destacou polos seus contidos

A polémica encol dos residuos sólidos e gaseosos procedentes da incineración do lixo centrou onte o debate final do Congreso do Centro de Estudios 'Chamoso Lamas', que se desenvolveu dende o pasado xoves no salón de actos do Aparthotel Arenteiro do Carballiño. Durante tres días, un total de 30 ponentes presentaron os seus traballos sobre aspectos históricos, etnográficos, arqueolóxicos, medioambientais, artísticos e meteorolóxicos, a fin de recoller reflexións multidisciplinares en torno á crise económica actual.
O presidente da entidade organizadora, Xosé Luis Sobrado, suliñou que 'foi un éxito tanto a nivel de asistencia (inscribíronse perto de 70 persoas) e, sobre todo, pola importancia dos contidos a nivel académico, moi importantes nunha visión global da situación que estamos a vivir'. Nesta oitava edición do congreso, que se celebra de xeito bianual, foi fundamental a colaboración da Universidade de Vigo, por medio do Campus de Ourense, e do Concello do Carballiño, ante a falta doutros apoios institucionais.

Te puede interesar