Un congreso reivindicará o valor dos estudos locais

O Centro de Estudios Culturales Chamoso Lamas realizará os días 26, 27 e 28 de marzo a súa séptima edición do congreso “O home e o medio”, que este ano abordará “Os estudos comarcais como elemento de valorización local”.
O centro invitou a numerosas asociacións culturais coma o Instituto de Estudios Carballiñeses, o Grupo Lethes ou o Grupo Larouco para analizar a situación da investigación no eido local, as dificultades e as súas posibles solucións, as posibilidades de colaboración entre elas e a importancia da súa continuidade.

Asemade, o Congreso posibilitará que numerosos investigadores (xa hai máis de 20 ponentes) de ámbitos tan distintos como a historia, o arte, o dereito, a política, a física, a antropoloxía, a literatura, e a arquitectura poidan analizar e divulgar estudios sobre a comarca con temáticas coma “Xulio Rodríguez Soto: home e político”; “Castros e paisaxe rural na protohistoria da Comarca do Arenteiro”; sobre a “Igrexa de Santiago de Anllo”; “Os muíños de Trigás”; “A desruralización escolar”; “A importancia social e económica dos datos metereolóxicos”, entre outras.

O sábado pola tarde, os participantes realizarán unha excursión gratuita a Pazos de Arenteiro, Moldes, a unha adega medieval (con expertos historiadores e arqueólogos) e a súa finalización nunha adega do Ribeiro onde se realizará unha cata de viños guiada.

Este congreso conta co respaldo da Universidade de Vigo, polo que se concederán dous créditos de libre configuración para os asistentes. O seu custo é simbólico de 5 euros para os membros da Universidade de Vigo, e de 10 euros para o público en xeral ó que se fai extensible a invitación, sendo a inscripción gratuita para os que participen cunha ponencia.

Te puede interesar