Un convenio facilita o depósito de aceites domésticos no casco urbán do Carballiño

A Concellería de Medio Ambiente do Carballiño vén de asinar un convenio coa empresa Urbaser para a instalación dun total de 13 contedores novos no casco urbán, destinados á recollida de aceites vexetais de uso doméstico. Deste xeito, increméntase o dispositivo municipal para a recollida selectiva de lixo, e facilita ós cidadans a posibilidade de facer o depósito deste producto, co conseguinte aforro para as arcas municipais e ós propios contribuintes.
Istes contedores foron instalados na explanada da estación do ferrocarril e nas rúas Calvo Sotelo, Francisco Castelló, República Argentina, Ourense e Evaristo Vaamonde, e tamén nas avenidas Julio Rodríguez Soto, Compostela, Balneario e Conde Vallellano, ademais da praza de San Ramón. Os técnicos da área municipal de Medio Ambiente, que dirixe a concelleira María Xosé Pérez, estiveron a facer un estudio sobre o asentamento de poboación ‘co obxectivo de localizar as zonas máis convintes para a colocación dos depósitos, de xeito que cada barrio os teña perto das vivendas e os veciños non teñan que desplazarse para levar o aceite’, sinala a concelleira.

Reparto

María Xosé Pérez matiza que ‘nestes contedores só se pode depositar o aceite vexetal de uso doméstico, e non os aceites industriais’. Precisamente, hoxe comezaranse a distribuir nas oficinas de Medio Ambiente, ubicadas na parte traseira da Casa do Concello, uns funiles para que os carballiñeses os leven para a súas casas e poidan enchelos de xeito máis cómodo e evitar que se manchen ou derramar o líquido ó botalo no contenedor. Os técnicos do departamento municipal entregarán un funil por cada unidade familiar e de xeito totalmente gratuito.

Te puede interesar